Xestión das Artes escénicas e a Música no Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

O Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (INAEM) é o organismo da Secretaría de Estado de Cultura que se ocupa de articular e desenvolver os programas relacionados co teatro, a danza, a música e o circo.

Obxectivos

  • Promocionar, protexer e difundir estas materias.
  • Proxectalas no exterior.
  • Coordinar a comunicación entre as Comunidades Autónomas sobre estas materias.

O INAEM desenvolve o seu labor en dúas grandes áreas:

Área de creación e promoción directa

Reúne os centros de creación artística, de exhibición ou de carácter documental e técnico que dependen do propio INAEM, máis un espazo para seminarios e pequenos congresos: o Palacio Castelo de Magalia.

Área de apoio a entidades públicas e privadas, compañías e agrupacións artísticas

Xestiónase a través das unidades administrativas: centros de produción, exhibición e formación artística que dependen da Secretaría de Estado de Cultura.

Desenvolve a política de fomento e de exhibición, tanto en España como no estranxeiro, das Artes Escénicas e da Música.

Traballa en permanente colaboración coas Comunidades Autónomas, o Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación e outros departamentos da Secretaría de Estado de Cultura.

Distribúe axudas para proxectos de produción, exhibición e xiras nacionais e internacionais que o INAEM realiza cada ano.

Más información

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para dar una mejor experiencia de navegación. Si continúa navegando se considera que acepta nuestra política de cookies

  • Entendido