Liñas de actuación

O Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (INAEM) desenvolve a súa actividade mediante unha serie de liñas de actuación entre as que destacan:

  • Xestión directa de proxectos:
    Creación e promoción directa dos programas relacionados coa promoción, protección e difusión da música, a danza, o teatro e o circo, dende os seus servizos centrais ou dende os seus centros de produción, exhibición, documentación e formación.
  • Colaboración con outras institucións públicas e privadas:
    Cooperación con entidades públicas e privadas tanto en proxectos concretos como na súa actividade permanente.
  • Convocatorias de axudas:
    Concesión de axudas para sectores tanto públicos como privados destinadas a proxectos de produción, exhibición e xiras.

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para dar una mejor experiencia de navegación. Si continúa navegando se considera que acepta nuestra política de cookies

  • Entendido