A copia privada

¿A copia privada é un dereito dos usuarios de obras e prestacións protexidas? Non é un dereito, é un límite ao dereito de reprodución que ostentan os titulares dos dereitos de propiedade intelectual das obras e prestacións protexidas.
Este límite permite que determinadas obras divulgadas á cal tivese acceso legal unha persoa física poida ser reproducida por esta, sempre que a copia que obteña non sexa utilizada de forma colectiva, nin lucrativa.

¿Por que se estableceu este límite ao dereito de reprodución? Para permitir que as persoas físicas poidan mediante equipos, aparellos e soportes idóneos realizar copias de obras e prestacións protexidas sen necesidade de ter que contar coa autorización do seu titular.

¿Por que a copia privada orixina unha compensación a favor dos titulares das obras? Para compensar o dano económico que supón a realización de copias para uso privado que a lei permite que se fagan as persoas físicas.

¿Quen está obrigado a pagar a compensación pola copia privada? En España a obriga do pagamento da compensación corresponde aos fabricantes e importadores de equipos e soportes idóneos para a reproducións de obras, que vaian destinalos á distribución comercial ou utilización dentro do territorio español. Ademais dos anteriores suxeitos obrigados ao pagamento, os sucesivos adquirentes na cadea de distribución que non sexan considerados consumidores finais ou usuarios dos equipos e soportes, son considerados responsables solidarios do pagamento da remuneración.

¿Quen determina que equipos e soportes idóneos para a reprodución están suxeitos ao pagamento da compensación por copia privada e o importe da mesma? No artigo 25 do Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual especifícanse os equipos, materiais e soportes de reprodución analóxica que están suxeitos ao pagamento dunha compensación, así como o importe da mesma.
A determinación dos equipos, materiais e soportes dixitais suxeitos ao pagamento da compensación e o seu importe determínano conxuntamente o Ministerio de Cultura e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, previa negociación dos acredores e debedores da compensación e consulta ao Consello de Consumidores e Usuarios.

¿Podo facer unha copia privada de calquera tipo de obra ou prestación protexida que se divulgase?Si, agás dos programas de ordenador e as bases de datos electrónicas.

Documentos relacionados


Documentos Relacionados

 

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para dar una mejor experiencia de navegación. Si continúa navegando se considera que acepta nuestra política de cookies

  • Entendido