As entidades de xestión de dereitos de propiedade intelectual

¿Que son as entidades de xestión de dereitos de propiedade intelectual? As entidades de xestión son entidades sen ánimo de lucro que teñen por obxecto "a xestión de dereitos de explotación ou outros de carácter patrimonial, por conta e en interese de varios autores ou outros titulares de dereitos de propiedade intelectual".
Estas entidades, que en España se constituíron como asociacións de titulares de dereitos de propiedade intelectual (autores, artistas, produtores, etc), deben contar coa autorización do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para funcionar como tales.

¿Cantas son as entidades de xestión de dereitos de propiedade intelectual? Ata a data, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte autorizou oito entidades de xestión, que representan aos seguintes titulares de dereitos:
De autores: SGAE (Sociedade Xeral de Autores e Editores), CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos),VEGAP (Visual Entidade de Xestión de Artistas Plásticos), DAMA (Dereitos de Autor de Medios Audiovisuais).
De Artistas Intérpretes ou Executantes: AIE (Artistas Intérpretes ou Executantes, Sociedade de Xestión de España), AISGE (Artistas Intérpretes, Sociedade de Xestión).
De Produtores: AGEDI (Asociación de Xestión de Dereitos Intelectuais), EGEDA (Entidade de Xestión de Dereitos dos Produtores Audiovisuais).

¿Para que serven as entidades de xestión de dereitos de propiedade intelectual? Co establecemento e funcionamento das entidades de xestión garántese unha explotación eficaz das obras e prestacións protexidas en beneficio dos seus titulares e dos usuarios. Dos titulares, porque estes teñen asegurado o control do uso das súas obras tanto en España como no estranxeiro (isto último en virtude dos acordos de reciprocidade que subscriben coas entidades de xestión estranxeiras); e dos usuarios, porque estes acudindo ás entidades de xestión teñen asegurado nos supostos de usos masivos de obras e prestacións, o uso pacífico do repertorio mundial representado por estas entidades.

¿As entidades de xestión de dereitos de propiedade intelectual son privadas ou públicas? Na súa organización e funcionamento as entidades de xestión, como entes privados que son, funcionan con total autonomía e están só suxeitas á observancia das normas do ordenamento xurídico e en particular ao disposto na Lei de Propiedade intelectual.

¿Como desempeñan as súas funcións as entidades de xestión de dereitos de propiedade intelectual? Para xestionar os dereitos que os seus estatutos lle teñen encomendados, as entidades de xestión conceden aos usuarios autorizacións non exclusivas para utilizar os dereitos dos colectivos de titulares que representan a cambio dunha contraprestación económica.
A determinación das contraprestacións económicas que os usuarios deben aboar ás entidades de xestión polas autorizacións que reciben, fíxanas aquelas mediante o establecemento das tarifas xerais que non están suxeitas á previa ou posterior aprobación polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, sen prexuízo da obriga de negociar as tarifas con asociacións de usuarios que queiran utilizar os dereitos que teñen encomendados para a súa xestión.
As cantidades recadadas son aboadas aos seus lexítimos titulares previo desconto dunhas porcentaxes variables destinadas a atender os gastos en que incorren para prestar estes servizos.
Ademais de atender á súa finalidade de xestionar dereitos, as entidades por imposición legal deben prestan aos colectivos de titulares que representan servizos asistenciais, formativos e promocionais.

¿Por que debo de pagar nalgúns casos a máis dunha entidade de xestión polo uso de obras ou prestacións protexidas (gravacións musicais, audiovisuais, etc.)? As entidades de xestión son entidades sen ánimo de lucro que teñen por obxecto, "a xestión de dereitos de explotación ou outros de carácter patrimonial, por conta e en interese de varios autores ou outros titulares de dereitos de propiedade intelectual".
Con este fin, foron autorizadas ata a data polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte oito entidades de xestión:
De autores: SGAE (Sociedade Xeral de Autores e Editores), CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos),VEGAP (Visual Entidade de Xestión de Artistas Plásticos), DAMA (Dereitos de Autor de Medios Audiovisuais).
De Artistas Intérpretes ou Executantes: AIE (Artistas Intérpretes ou Executantes, sociedade de xestión de España), AISGE (Artistas Intérpretes, Sociedade de Xestión).
De Produtores: AGEDI (Asociación de Xestión de Dereitos Intelectuais), EGEDA (Entidade de Xestión de Dereitos dos Produtores Audiovisuais).
Os dereitos de propiedade intelectual, que corresponden aos autores, os artistas intérpretes ou executantes, os produtores fonográficos ou audiovisuais e outros titulares, caracterízanse pola súa independencia e compatibilidade. A compatibilidade permite que sobre un soporte (cd ou casete) que contén por exemplo, unha gravación exclusivamente sonora (fonograma), coexistan ou converxan os dereitos de explotación recoñecidos pola nosa lei a distintos titulares, así atopamos os dereitos do autor da letra e a música, do intérprete vocalista ou executante dos instrumentos musicais e os do produtor da gravación, que é aquel baixo cuxa iniciativa e responsabilidade se leva a cabo a gravación.
Esta variedade de titulares de dereitos presentes en determinadas explotacións de obras e prestacións protexidas (cancións, filmes, etc) contidas nun soporte determinado (cd, dvd), tradúcese na intervención das respectivas entidades de xestión que teñen encomendadas a xestión dos dereitos de explotación.
Así as cousas, se facemos uso da gravación musical contida nun soporte (cd ou casete) por exemplo, para ambientar ou amenizar un establecemento, isto é comunicar ao público o contido da gravación, estaremos utilizando os dereitos que a lei recoñeceu aos distintos titulares. E como queira que estes titulares encomendaron a súa xestión, ben voluntariamente ou por disposición legal ás entidades de xestión, necesariamente deberemos acudir a cada unha delas para solicitar a autorización para usar os dereitos que elas xestionan e pagar o prezo que elas fixen mediante as súas tarifas.

Documentos relacionados


Documentos Relacionados

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para dar una mejor experiencia de navegación. Si continúa navegando se considera que acepta nuestra política de cookies

  • Entendido