Presentación

Mapa del Camino de Santiago

“Europa naceu na peregrinación” Goethe

O Camiño de Santiago é, dende o punto de vista histórico, artístico e cultural, un dos bens culturais máis importantes de España, tanto polo seu patrimonio edificado, como por ser vínculo de unión entre persoas de moi diversas orixes, condicións e procedencia. Esta vía milenaria serviu de vehículo de comunicación en Europa ao longo de toda a súa historia e permanece viva hoxe, o que favorece un continuo diálogo cultural entre as persoas que a percorren e as vilas que atravesa.

O Consello Xacobeo é o órgano de cooperación entre a Administración Xeral do Estado e as comunidades autónomas por onde pasan os Camiños de Santiago históricos. Dende a súa creación en 1991, facilita a comunicación entre estas administracións en relación coas actuacións que realizan ao redor da realidade cultural internacionalmente recoñecida do Camiño de Santiago.

Subir